A I Xornada de Teatro en Saúde Mental organizada pola asociación Andaina Pro Saúde Mental, a cal tivo lugar o pasado venres 16 de outubro, acadou un gran nivel de aceptación e participación. Un éxito que se reflectiu non só no número de organizacións e compañías participantes, senón tamén no público asistente.
Falamos de preto de media ducia de asociacións que non deixaron pasar por alto a oportunidade de poñer de manifesto o seu traballo, talento e esforzo sobre as táboas do escenario que se instalou no centro que ten Andaina no concello de Dodro, concretamente no complexo da Paxareira.
O programa incluíu as pezas “O cazo de Sabela” (da asociación A Mariña), “Contos” (da asociación Doa), “Ábrese o telón” (da asociación Albores), “Microencontros” (da asociación Morea) e “Romeo e Xulieta” (da asociación Andaina).
O obxectivo desta xornada foi múltiple. Por unha parte, compartir unha xornada lúdica e creativa donde superar os estigmas das enfermidades mentais mediante o contacto e o intercambio de experiencias entre monitores e usurarios distintas asociacións. Por outra banda, preténdese afondar e incentivar o emprego do teatro e a escenificación como ferramenta terapéutica e de desinhibición, mediante a cal poden expresarse sentimentos, situacións e sensacións.
Ademais das asociacións e grupos citados, Andaina destaca a colaboración brindada pola Mancomunidade de Montes Balouta e Fontecova A Paxareira Dodro, FEAFES Galicia e o Concello de Dodro.