O pasado 23 de novembro, os membros do Club de Ocio de FEAFES Lugo tiveron a oportunidade de coñecer o Museo Provincial de Lugo da man duns guías moi especiais, os seus compañeiros Juan e José. Ambos traballan nestas galerías, e durante a visita estiveron acompañados por Encarna, xerente do museo, e Manoli, responsable de accesibilidade.
Dende o ano 1957, o Museo Provincial de Lugo está situado en dependencias do antigo convento de San Francisco, do que se conservan o claustro, a cociña e o refectorio. O museo conta con salas dedicadas á arqueoloxía, o arte sacro, a etnografía, a cerámica, o vidro, a pintura, a escultura, abanicos, reloxos, numismática e medallística.
Posúe ademais unha sección de arte galego que conta con pintura, escultura, cerámica de Sargadelos, ourivaría e acibeche. Así mesmo, o museo ten tamén salas de exposicións temporais que actualmente albergan a mostra “A ciencia e a tecnoloxía da luz”.