“A Nosa Champions” é unha iniciativa integradora de responsabilidade social creada por Saúde Mental FEAFES Galicia e organizada pola Real Federación Galega de Fútbol a través da Fundación do Fútbol Galego. Esta mañá, foi presentada no estadio Vero Boquete por Rafael Louzán, presidente da RFGF; Pablo Prieto, responsable de fútbol sala da RFGF; e Antonio Hernández, director de Saúde Mental FEAFES Galicia; baixo a condución de César Méndez.
Conscientes dos beneficios que o deporte ten para a saúde en tódolos sentidos, en 2007 Saúde Mental FEAFES Galicia iniciou a actividade de fútbol sala con un torneo e no 2008 creouse unha liga non federada entre asociación pertencentes á entidade. Buscando convertir a actividade nunha iniciativa máis integradora e normalizada, convírtese en competición regrada en 2020 coa axuda da Real Federación Galega de Fútbol.
Nace así “A Nosa Champions”, que tras un parón pola Covid, volve agora coa participación de 6 equipos pertencentes a: Asociación APEM Coruña, Asociación DOA, Asociación LENDA, Asociación ALBA, Saúde Mental FEAFES Vigo e Saúde Mental FEAFES Santiago. A competición dividirase entre Grupo Norte e Grupo Sur, disputaranse 6 xornadas e logo unha final entre o equipo campión de cada zona.
70 xogadoras e xogadores e 8 adestradores compiten nesta liga de fútbol sala coa que se pretende marcarlle goles aos prexuízos para eliminar o estigma que rodea ás persoas con problemas de saúde mental. O fútbol exerce, como outras veces, de ferramenta de normalización e visibilización.
Con esta competición búscase fomentar hábitos de vida saudable e promover a práctica habitual dunha actividade deportiva. Ademais, este tipo de iniciativas propician o encontro entre as persoas participantes favorecendo así as súas relacións e habilidades sociais.
Coa colaboración de: