FEAFES Galicia colabora un ano máis na posta en marcha dos cursos de formación do Proxecto Nise 2010-2014, que pretende facer fronte ó estigma da enfermidade mental. Estes cursos están organizados en colaboración co Servizo Galego de Saúde e a Consellería de Traballo e Benestar.
O obradoiro leva por título “Atención ao trastorno mental grave en réxime residencial”. Esta acción formativa pretende desenvolver un programa de formación continua na orientación para os profesionais dos centros que reciben a persoas maiores con discapacidade procedentes dos antigos centros psiquiátricos. A finalidade é facilitarlles a estes profesionais unhas pautas de actuación que lles permitan acadar aptitudes adecuadas para facer fronte ós coidados específicos dos residentes con trastornos mentais, eliminando así o potencial estigma desta enfermidade.
A formación estase a impatir en seis localidades galegas durante estas datas:
- – A Coruña: 20 e 27 de novembro
- – Ourense: 20 e 27 de novembro
- – Santiago: 7 e 14 de novembro / 21 e 28 de novembro
- – Lugo: 7 e 14 de novembro / 21 e 28 de novembro
- – Monforte: 14 e 21 de novembro
- – Pontevedra: 6 e 13 de novembro / 14 e 21 de novembro
FEAFES Galicia encárgase de dúas horas de formación, que están a ser impartidas polos seguintes profesionais os días que figuran a continuación:
- – A Coruña, 27 de novembro: Luís Guisande Fernández, Director da Residencia “Lar” de Vilagarcía
- – Ourense, 27 de novembro: Alfonso Díaz Lage, Psicólogo e Director de “Morea” e Mª Elvira Rodríguez González, da Residencia Ourense
- – Santiago, 14 de novembro e 28 de novembro: Luís Guisande Fernández, Director da Residencia “Lar” de Vilagarcía
- – Lugo, 14 de novembro e 28 de novembro: Mª José Nóvoa Rodríguez, Directora da Asociación “A Mariña” de Burela
- – Monforte, 21 de novembro: Mª José Nóvoa Rodríguez, Directora da Asociación “A Mariña” de Burela
- – Pontevedra, 13 de novembro e 21 de novembro: Luís Guisande Fernández, Director da Residencia “Lar” de Vilagarcía