12 persoas de entre 18 e 29 anos de idade e cun diagnóstico de saúde mental poderán participar no programa Fórmate na Empresa 2026 impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Saúde Mental FEAFES Galicia participa no programa Fórmate na Empresa 2026, impulsado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia. No marco deste programa, 12 persoas de entre 18 e 29 anos poderán realizar estadías formativas en empresas ou entidades públicas ou privadas, vencelladas a sectores económicos estratéxicos de Galicia.
A finalidade é reforzar a empregabilidade e as habilidades e competencias profesionais das persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX), non ocupadas e non integradas no sistema de educación ou formación. Búscase así contribuír á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.
Entre os obxectivos do programa están:
- Potenciar os programas de educación non formal nos que as persoas mozas adquiran os coñecementos e habilidades máis demandados no contexto laboral actual.
- Achegar ás persoas mozas á realidade empresarial e mellorar a súa autonomía persoal.
- Crear un ecosistema favorable á creación de oportunidades de emprego xuvenil.
- Favorecer a captación e retención de talento en sectores económicos clave para a economía galega.
Requisitos das persoas mozas participantes neste programa
Para participar neste programa é necesario que as persoas interesadas teñan feitos os 18 anos e non superen a ideade máxima establecida na normativa vixente do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (de conformidade co disposto no artigo 97.c) da Lei 18/2014 do 15 de outubro de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia). Ademais, deben ter recoñecido un diagnóstico de saúde mental, estar empadroadas na Comunidade Autónoma de Galicia cunha antigüidade mínima dun ano, e estar inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil e figurar como persoas beneficiarias no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Condicións e beneficios do programa
As persoas participantes percibirián unha bolsa de formación cun importe de 690,67€ mensuais, incrementeada en 100€ no caso das persoas con discapacidade, e outros 100€ para desprazamentos cando a estadía non sexa no concello de residencia da persoa participante.
Ademais, recibirán unha formación complementaria, cun mínimo de 20h lectivas e apoio e titorización durante as estadías.
As horas formativas nas entidades ou empresas nas que se realizan as estadías terán unha duración mínima de 100h mensuais durante tres meses consecutivos e un mínimo de catro días semanais.
Postos ofertados
12 prazas ofertadas en Vigo, Pontevedra, A Coruña, Lugo, Ourense e Santiago de Compostela, distribuídas nos seguintes sectores estratéxicos:
- 3 en agroalimentación
- 2 en textil/moda
- 5 en calidade de vida e benestar
- 2 en tecnoloxías da información e da comunicación
- 1 en madeira/forestal
As estadías formativas realizaranse nas seguintes empresas:
En Vigo/Pontevedra:
- Atendo Calidade SL. Calidade e Benestar. Vigo
- Freshcut SL. Agroalimentación. Vigo
Na Coruña / Santiago de Compostela:
- Andaina Prosaúde Mental Emprego SLU. Agroalimentación. Dodro, A Coruña
- Andaina Prosaúde Mental. Calidade de vida e benestar. Ordes, A Coruña
- Clece SA, Samaín e Integra CEE. Calidade e benestar. A Coruña e Oleiros
- Insertega. Textil/moda. Arteixo, A Coruña
- Grupo Mencer. Agroalimentación. Bergondo, A Coruña
En Lugo:
- Extel Facilities SL.Tecnoloxías de información e da comunicación. Outeiro de Rei, Lugo
- Reganet Networks SL. Tecnoloxías de información e da comunicación. Cervo, Lugo
En Ourense:
- Jardinería Integral Miguel Ángel Gullón Estévez. Madeira/Forestal. Ourense
- Oruantex SL. Textil/moda. Ourense
- Residencia Rectoral Rebollo SL. Calidade de vida e benestar. Toén, Ourense
As persoas interesadas que cumpran os requisitos poderán presentar as súas candidaturas desde o 23 de abril e ata o 14 de maio. Para iso deberán cubrir este formulario.
Tamén poderán falar coa delegación correspondente a través dos seguintes contactos:
- Delegación de Santiago de Compostela: santiago@feafesgalicia.org | 981 554 395
- Delegación de A Coruña: coruna@feafesgalicia.org | 981 228 135
- Delegación de Lugo: lugo@feafesgalicia.org | 982 254 452
- Delegación de Ourense: ourense@feafesgalicia.org | 988 601 194
- Delegación de Vigo/Pontevedra: vigo@feafesgalicia.org | 986 485 779
Máis información sobre o programa aquí https://xuventude.xunta.gal/gl/programas-c/formate-na-empresa .
O programa Fórmate na Empresa está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) e pola Unión Europea a través do programa FSE+ Galicia 2021-2027


