Skip to main content

Por décimo terceiro ano, Saúde Mental FEAFES Galicia realiza o Camiño de Santiago. Unha actividad na que participaron arredor de 45 peregrinos e peregrinas entre os que se atopan persoas con problemas de saúde mentale  monitoras e monitores acompañantes.

45 peregrinos e peregrinas participaron neste XIII Camiño de Santiago organizado por Saúde Mental FEAFES Galicia. Este ano, decidimos facer o camiño en tres días consecutivos. Empezamos a viaxe o 25 de setembro en Salcedea e percorremos 8 quilómentros do Camiño Primitivo ata chegar ó Pedrouzo.

       

Pasamos a noite no albergue Edreira en Arca, O Pino;  e saímos o día seguinte ata chegar ó Monte do Gozo. Despois de percorrer un camiño de 16 quilómetros chegamos o albergue onde puidemos descansar antes de afrontar o último tramo.

Así, o xoves 27 de outubro, chegamos á Praza do Obradoiro arredor das 11h da mañá. Aproveitamos para visitar a Catedral e pasear pola Zona Vella de Santiago.

Á 13h30 fomos recibidos pola Tenente Alcalde do Concello de Santiago, María Rozas, e outros membros da corporación municipal. No salón nobre do Concello, deron a benvida ás peregrinas e peregrinos e felicitáronos por ter percorrido un ano máis este camiño.

       

Logo, como peche da aventura, gozamos dunha comida de confraternidade no casco histórico.

As persoas que realizaron este ano o Camiño de Santiago, pertencen as asociación Saúde Mental Ferrol (Narón), Doa (Cangas y Vigo), APEM (Coruña) e os clubes de ocio das delegaciones de Saúde Mental FEAFES Galicia de Coruña, Santiago, Vigo e Lugo.

Un Camño normalizador e integrador

O camiño, así como as demais actividades de ocio e deporte que organizamos e as súas acción axuda a mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental e das súas familias, xa que lles permiten romper coa rutina diaria, realizar actividade física dende unha perspectiva lúdica, enriquecerse culturalmente, socializar e integrarse na sociedade. Á súa vez, permiten un respiro ás familias nas súas tarefas de coidado.

Ademais, con esta iniciativa, queremos amosar á sociedade unha imaxe normalizada e integradora das persoas con problemas de saúde mental, combatendo de modo activo os estereotipos negativos e falsos prexuízos que se asocian a este colectivo.

 

Noraboa, camiñantes!