
Aínda existen obstáculos que dificultan o acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual e problemas de saúde mental. Desenvolver programas e iniciativas que favoreza a súa integración sociolaboral, contribúe a diminuír esas barreiras.
O programa Juntos Somos Capaces xorde con este fin. Unha iniciativa con máis de 12 anos de traxectoria que promove a integración sociolaboral as persoas con discapacidade intelectual
e problemas de saúde mental e que presentamos o pasado mércores 27 de abril da man do concello de Lugo e Fundación MAPFRE, no marco do seu Proyecto Social de Empleo.
“Só o 15% das persoas cun problema de saúde mental acceden a un emprego. Con todo, os nosos datos indican que cando existe un servizo especializado detrás ofrecendo apoio,
a inserción está preto do 50%.” Así o indicaba na presentación Carina Fernández, Coordinadora de Servicios de Saúde Mental FEAFES Galicia.
Gran parte das barreiras que se atopan as persoas con discapacidade intelectual e problemas de saúde mental á hora de acceder a un emprego, están relacionadas co estigma ou o
descoñecemento que aínda persiste en parte da sociedade. Por iso é necesario seguir promovendo programas e iniciativas que os apoien e os acompañen neste proceso.
En Galicia, o programa Juntos Somos Capaces, facilitou a inserción de máis de 500 persoas. Conseguir un traballo estable significa tamén gañar en autonomía, en integración social e en calidade de vida.
Durante o encontro, no que ademais se presentou a Convocatoria de Axudas ao emprego “Accedemos”, participaron tamén Ana María González, Teniente de Alcaldesa de Lugo; e Javier
Barreiro, representante da Fundación MAPFRE na zona.
