1. Quen é e a quen se dirixe Saúde Mental FEAFES Galicia?
A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995, que agrupa actualmente a 12 asociacións repartidas por toda a xeografía galega.
Diriximos o noso traballo ás persoas con problemas de saúde mental, ás súas familias e persoas achegadas, aos e ás profesionais da saúde mental e á sociedade en xeral.
Temos delegacións en Santiago, Vigo, Ourense, Lugo e A Coruña.
Podes contactar con nós a través do teléfono gratuito 900 102 661, a nosa web ou redes sociais:
Facebook e Twitter
2. Que son os problemas de saúde mental? Que facer neses casos? Que tipos existen?
Os problemas de saúde mental con unha alteración de tipo emocional, cognitivo e/ou do comportamento no que quedan afectados procesos psicolóxicos básicos como a emoción, a motivación, a cognición, a conciencia, a conduta, a percepción, a aprendizaxe e a linguaxe, o cal dificulta a adaptación da persoa ao ámbito cultural e social no que vive e crea algunha forma de malestar subxectivo.
É fundamental entender os problemas de saúde mental como unha parte da nosa vida e unha circunstancia máis da persoa, e non como un elemento que anula o resto das nosas capacidades.
É importante saber que os problemas de saúde mental poden tratarse para lograr a recuperación ou permitir que a persoa poida ter unha mellor calidade de vida.
Os problemas de saúde mental responden moi poucas veces a modelos simples de tipo causa-efecto. As súas causas son probablemente múltiples, e nalgúns casos son descoñecidas.
Segundo a Organización Mundial da Saúde, unha de cada catro persoas presenta ou presentará un problema de saúde mental ao longo da súa vida. Aínda que pode haber persoas con máis predisposición xenética que outras, os factores ambientais e sociais poden afectar de forma determinante na aparición dos problemas de saúde mental, polo que todos e todas estamos expostos a iso.
En Galicia, hai máis de 80.000 persoas con certificado de discapacidade por enfermidade mental, sendo esta a segunda causa de discapacidade máis frecuente despois da física.
3. Cales son as asociacións que conforman Saúde Mental FEAFES Galicia?
Ferrol, Narón, Cerdido, Betanzos, Culleredo, Cee, Vimianzo, Santiago, Noia, Ribeira, Dodro y Ordes.
- Sáude Mental Ferrol. 981 388 992
- ASPANEPS. 981 300 370
- APEM. 981 132 218
- Fonte da Virxe. 981 884 239
- A Creba. 981 824 921
- Andaina. 981 802 078
Lugo, Guitiriz, Burela, Ribadeo, Cervo y Viveiro.
- Alume. 981 251 602
- A Mariña. 982 557 692
Pontevedra, Vigo, Redondela, Cangas, Baiona, A Guarda, Ponteareas y A Cañiza.
- Doa. 986 483 208
- Avelaíña. 986 610 021
- Alba. 986 859 368
- Lenda. 986 859 368
Ver todos los recursos en el Mapa de Recursos de Salud Mental de Galicia.
4. Que servizos prestan as asociacións e que teño que facer para acceder a eles?
5. Os servizos da Federación son gratuítos?
Si, todos os servizos xestionados directamente pola federación son gratuítos. Algúns dos servizos prestados polas entidades federadas poden ter un custo ou cofinanciamento: pisos, residencias, centros ocupacionais ou centros de día.
6. Que servizos ofrece a Federación?
7. Que teño que facer para acceder aos servizos de Saúde Mental FEAFES Galicia?
8. Son familiar dunha persoa con problemas de saúde mental que non quere que se lle preste atención. Podo beneficiarme eu dos servizos da Federación?
Si, os nosos servizos tamén son ofrecidos a familiares e persoas achegadas. Chámanos e trataremos de dar respostas ás túas inquedanzas ou necesidades.
9. Ofrécese servicio de psicoterapia?
Non. Dende os servicios de información, asesoramento e apoio, o noso equipo profesional escoitarache, orientarache e apoiarache de xeito profesional e integral. Este está composto por traballadoras sociais, educadoras sociais e psicólogas que te apoiarán emocionalmente no afrontamento da túa situación, pero non se presta servicio profesional de psicoterapia. Facilitarémosche información sobre os tratamentos de psicoterapia que se ofrecen dende os servicios públicos de saúde e como solicitalos.
10. En Saúde Mental FEAFES Galicia ofrécese traballo ás persoas con problemas de saúde mental?
Non, pero temos un servizo de orientación laboral mediante o cal ofrecemos información, asesoramento e apoio á inserción laboral traballando como centro colaborador do Servicio Público de Emprego de Galicia. Para iso, contamos co Observatorio de Emprego para Personas con Enfermidade Mental, que ten como misión facilitar a inserción laboral a través de accións de información, orientación, formación, intermediación laboral coas empresas e apoio para a consecución e o mantemento do posto de traballo.
11. Que ideas erróneas existen sobre os problemas de saúde mental?
As persoas con problemas de saúde mental non se recuperan: As persoas con problemas de saúde mental poden mellorar e melloran. O máis axeitado é que se traballe con elas dende un enfoque integral que combine tratamento médico, medidas de rehabilitación sociolaboral e apoios psicolóxicos e familiares.Se tes esquizofrenia é porque consumes drogas: Ter unha esquizofrenia non é consecuencia do consumo de drogas, nin toda a xente que ten unha esquizofrenia consume este tipo de sustancias. Hai unha serie de factores que poden predispoñer á aparición da esquizofrenia. O consumo de drogas é o que se denomina un factor de risco, isto é, aumenta as probabilidades de experimentar crises ou outros brotes psicóticos en persoas que xa tiñan predisposición.
A enfermidade mental causa discapacidade intelectual: Unha problema de saúde mental non é nin causa unha discapacidade intelectual. Son dúas cousas diferentes, aínda que poden presentarse á vez na mesma persoa. A diferencia da discapacidade intelectual, e a enfermidade mental non está asociada a ningún nivel particular de intelixencia, pódese presentar a calquera idade e é tratable.
A min no me pode tocar: 1 de cada 4 persoas desenvolverá algún problema de saúde mental ao longo da súa vida. Aínda que pode haber persoas con máis predisposición xenética que outras, os factores ambientais poden afectar de forma determinante na aparición de trastornos mentais, polo que todos e todas estamos expostos a telos.
Non poden traballar: En España, 13.000 persoas con problemas de saúde mental teñen un emprego regular. Sen embargo, o 44% delas declara ter sufrido algún tipo de discriminación no ámbito laboral.
Na infancia non hai problemas de saúde mental: Os nenos e nenas tamén poden exhibir sinais de advertencia temperás que representen unha alarma para a súa saúde mental. Estes problemas de saúde mental a miúdo pódense diagnosticar clinicamente e adoitan ser un produto da interacción de factores biolóxicos, psicolóxicos e sociais. Os datos revelan que o 10-20% dos nenos, nenas e adolescentes sofren trastornos psiquiátricos. A metade dos problemas de saúde mental presentan síntomas antes de que unha persoa cumpra os 14 anos, e tres cuartos delas comezan antes dos 24 anos.
12. Que novidades hai respecto ás tutelas e curatelas?
13. Que é un curador representativo?
Coa nova Lei 8/2021, de 2 de xuño, pola que se reforma a lexislación civil e procesal para o apoio ás persoas con discapacidade no exercicio da súa capacidade xurídica, a curatela pasa a ser unha figura con carácter asistencial que só terá carácter representativo en casos especialmente graves. O xuíz establecerá en que actos concretos debe intervir a persoa que exerce a curatela e se a súa intervención terá carácter asistencial ou representativo, de modo que todas as accións que non estean recollidas na sentenza poderán ser realizadas sen apoio pola persoa con discapacidade. Con carácter xeral, a curatela será asistencial.
14. Coa nova lei de apoio xurídico xa non podo ser titor ou titora dunha persoa da miña familia?
15. Que debo saber sobre o certificado de discapacidade?
16. Que teño que facer para solicitar o recoñecemento de dependencia para min ou para un/ha familiar?
Para solicitar o recoñecemento de dependencia, recomendámosche que solicites cita coa traballadora social dos Servizos Sociais do teu concello para que ela poda tramitalo. Se non tes traballadora social de referencia, podemos orientarche e acompañarche no proceso.
18. Que recursos públicos de saúde mental temos en Galicia? Onde podo informarme e como me poden atender?
Podes consultalo no mapa de recursos da nosa web. En caso que teñas dúbidas co prodemento, chama ao noso teléfono 900 102 661 e orientarémosche.
19. Que podo facer se un/ha familiar ten unha crise na casa?
En caso de que teu ou a túa familiar se atope nunha situación de crise, pregúntalle que necesitaría para atoparse mellor. É posible que facendo algo pequeno consigamos que non empeore a situación ou incluso que se revirta. En caso de que non haxa nada que poida facer un ou unha mesma, o recomendable é chamar ao profesional que teña de referencia (médico, psiquiatra, psicóloga…) para que lle oriente con pautas concretas para solventar esa crise. Nalgúns casos, segundo a súa gravidade, pódese contemplar como opción o ingreso involuntario.
20. Que é un internamento involuntario?
21. Que debo saber sobre a incapacidade permanente?
22. Teño dereito a ter algunha axuda ou prestación económica por ter un problema de saúde mental?
Non. Ter un diagnóstico de saúde mental non leva parella a percepción dunha axuda económica. Pide cita e poderás recibir asesoramento sobre esta posibilidade segundo as túas circunstancias (certificado de discapacidade, anos cotizados, ingresos económicos familiares, demandante de emprego de longa duración, etc.).