Dentro do seu plan de desenvolvemento, Saúde Mental FEAFES Galicia propúxose elaborar un Mapa de Recursos que lle permitise aproximarse dunha forma obxectiva á realidade coa que traballa. Para iso, elaborouse unha ferramenta que identifica e sitúa os diferentes recursos de saúde mental dispoñibles en toda a xeografía galega.
Esta ferramenta permite a Saúde Mental FEAFES Galicia planificar futuras accións, programas ou servizos no territorio, así como identificar as debilidades ou carencias de cobertura de recursos no ámbito da saúde mental.
Por outra banda, as persoas e colectivos cos que traballa a federación poden dispoñer de información sobre os servizos e recursos de saúde mental que existen actualmente en Galicia, identificando a súa localización e forma de contacto. Deste xeito, o Mapa de Recursos tamén é unha ferramenta de utilidade para as persoas con problemas de saúde mental, os seus familiares e achegados, profesionais do sector sanitario, educativo, de servizos sociais, etc.