19/06/2015.

Taller TIPI: Transparencia, Información, Participación e Incidencia

O martes 30 de xuño terá lugar na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago de compostela un taller baixo o nome “TIPI: incidencia política e xornalismo de datos”. Trátase dunha acción formativa impulsada pola Rede Galega de Loita contra a Pobreza (EAPN-Galicia) que transcorrerá de 9:30 a 13:30. 

O taller vai dirixido a calquera organización do Terceiro Sector interesada en aumentar a súa presenza, participación e influencia na vida política no referente á loita contra a pobreza. Tamén poden participar profesionais dos medios de comunicación así como calquera outra persoa interesada nestes temas.

Durante esta xornada, traballarase sobre xornalismo de datos e presentarase a ferramenta online TIPI de transparencia, rendición de contas e participación para a incidencia política. Algunhas das etiquetas que se empregarán para descubrir qué se fixo ao respecto no Congreso dos Deputados (aplicable posteriormente a outros parlamentos) serán pobreza infantil, inmigración, sanidade, educación, vivenda, emprego digno, inclusión laboral ou persoas sen fogar.

A ferramenta TIPI é posible grazas á participación da Fundación Porcausa, EAPN-Castilla La Mancha e CIECODE (como organizacións socias) e UNICEF e EAPN-España como organizacións colaboradoras. No taller de Santiago de Compostela colaboran EAPN-Galicia e a Escola Galega de Administración Pública (EGAP).

Se queres consultar o programa da xornada, pica aquí. Se queres inscribirte no taller, pica aquí.

taller tipi.jpg

Compartir contido