08/05/2017.

A Xunta colabora coas entidades de atención á discapacidade



O conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, asinou o pasado venres os convenios de colaboración nominativos coas 11 entidades de discapacidade de Galicia destinados ao mantemento das súas estruturas e á realización de programas de interese xeral. A través deles, a Xunta de Galicia destina 3,5 millóns de euros, unha contía que repercutirá de xeito directo en 100.000 persoas que se beneficiarán dos programas e actividades que desenvolvan as entidades.

O orzamento total se distribuirá entre once federacións que aglutinan a 150 asociacións, entre as que se atopa FEAFES Galicia. Rey Varela explicou que as entidades de discapacidade “son unha peza fundamental de cara a asesorar, representar, axudar e fomentar a inclusión social das persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial”.

Ademais das propias entidades e dos seus usuarios, este acordo tamén repercute na totalidade do colectivo de persoas con discapacidade en Galicia, que representa ao redor do 8% da poboación (máis de 227.000 persoas). 

“Coa intención de chegar a todo o colectivo, estes convenios de colaboración están destinados a federacións que teñen un eido de atención específico para a súa área de discapacidade, e polo tanto, desenvolven actividades distintas con persoas xordas, con síndrome de Down, con parálise cerebral ou Alzheimer entre outras discapacidades”, engadiu o conselleiro. 

Vía Xunta de Galicia.

Compartir contido