04/04/2014.

Ocio e fútbol grazas ó CD Lugo

O pasado 22 de Marzo, os usuarios do Club de Ocio de FEAFES Lugo puideron disfrutar do encontro celebrado entre o Club Deportivo de Lugo e o Real Club Recreativo de Huelva. 

Nesta actividade participaron 11 usuarios grazas á colaboración que presta o CD Lugo á Federación de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia, a través da cesión de entradas para que os participantes do Club de Ocio poidan asistir ós partidos como público.

O partido resultou moi animado para todos os usuarios de FEAFES, cun desenlace no que levou a vitoria o equipo anfitrión cun resultado de 2-0. 

Grazas a actividades coma esta, as persoas con enfermidade mental poden mellorar a súa calidade de vida realizando actividades que rompen coa rutina diaria, familiarizándose co deporte e socializando con outros compañeiros. Por iso, FEAFES Galicia agradece a colaboración do CD Lugo por axudar a favorecer o ocio normalizado das persoas con enfermidade mental.

CD Lugo 14.jpg

Compartir contido