17/11/2011.

La Diputación de A Coruña colabora con Feafes Galicia

A Deputación de A Coruña concede a FEAFES durante o ano 2010, unha subvención para o desenvolvemento do Proxecto de Prospección de emprego para persoas con enfermidade mental, que supón un complemento ao traballo de Inserción Laboral que se leva a cabo dentro do Servizo de Inserción Laboral de feafes dende 2002.

O Proxecto ten como obxecto incrementar as oportunidades de inserción laboral das persoas con enfermidade mental,
a través do contacto con potenciais empregadores, para cubrir as súas ofertas de emprego, así como ofrecer aos demandantes de emprego con enfermidade mental novas oportunidades para o acceso ao mercado laboral.

A intermediación laboral é o mecanismo máis eficaz para axudar ás persoas con problemas de saúde mental a atopar un emprego pois intervén directamente sobre os dous principais obstáculos que existen para que este colectivo acceda ao mercado laboral:

- A imaxe social negativa que existe sobre a enfermidade mental a través do seu labor de sensibilización co empresariado.
- A dificultade de acceso das persoas con discapacidade ás fontes de información sobre ofertas de emprego comunicando directamente as persoas demandantes as ofertas máis axustadas ao seu perfil.

O proxecto de prospección e intermediación laboral para persoas con enfermidade mental, execútase en toda a provincia de
A Coruña. Participan no proxecto usuarios/as das sedes de A Coruña e Santiago de Compostela.

Compartir contenido