29/04/2022.

Xuntos Somos Capaces de eliminar as barreiras


Aínda existen obstáculos que dificultan o acceso ao emprego das persoas con discapacidade intelectual e problemas de saúde mental. Desenvolver programas e iniciativas que favoreza a súa integración sociolaboral, contribúe a diminuír esas barreiras.

O programa Juntos Somos Capaces xorde con este fin. Unha iniciativa con máis de 12 anos de traxectoria que promove a integración sociolaboral as persoas con discapacidade intelectual e problemas de saúde mental e que presentamos o pasado mércores 27 de abril da man do concello de Lugo e Fundación MAPFRE, no marco do seu Proyecto Social de Empleo.

“Só o 15% das persoas cun problema de saúde mental acceden a un emprego. Con todo, os nosos datos indican que cando existe un servizo especializado detrás ofrecendo apoio, a inserción está preto do 50%.” Así o indicaba na presentación Carina Fernández, Coordinadora de Servicios de Saúde Mental FEAFES Galicia.

Gran parte das barreiras que se atopan as persoas con discapacidade intelectual e problemas de saúde mental á hora de acceder a un emprego, están relacionadas co estigma ou o descoñecemento que aínda persiste en parte da sociedade. Por iso é necesario seguir promovendo programas e iniciativas que os apoien e os acompañen neste proceso.

En Galicia, o programa Juntos Somos Capaces, facilitou a inserción de máis de 500 persoas. Conseguir un traballo estable significa tamén gañar en autonomía, en integración social e en calidade de vida.

Durante o encontro, no que ademais se presentou a Convocatoria de Axudas ao emprego “Accedemos”, participaron tamén Ana María González, Teniente de Alcaldesa de Lugo; e Javier Barreiro, representante da Fundación MAPFRE na zona.

Compartir contido