04/12/2018.

O Programa Empregate IV levado a cabo por Saúde Mental Feafes Galicia amosa os seus resultados en Outeiro de Rei

O director xeral de Orientación e Promoción Laboral, Alfonso Marnotes  e o Presidente de Saúde Mental FEAFES Galicia  estiveron onte en Outeiro de Rei, na residencia de maiores Domus VI, na clausura do Programa Integrado de Emprego (PIE) Em-prégate IV promovido pola  Xunta  de Galicia e executado pola Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental. Nesta iniciativa, que a Xunta financiou con 204.000 euros, os alumnos e alumnas recibiron formación en novas tecnoloxías, busca de emprego, atención ao cliente e comunicación e sobre manipulación de alimentos e alérxenos. Así mesmo, a través desta actuación, os participantes recibiron charlas sobre os dereitos e deberes laborais.

Salientouse o bo resultado desta actuación que en Outeiro de Rei permitiu que unha das alumnas atopase un traballo na residencia de maiores Domus VI como recepcionista. Destacouse que o obxectivo principal dos Programas Integrados de Emprego (PIE) é incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas a través da formación, o asesoramento e as prácticas en empresas da contorna .
Compartir contenido