OCIO E DEPORTES

X Campionato de Tenis de Mesa pola saúde mental

DATA: 20 setembro 2019

HORA: 09:30

LUGAR: Narón

PREZO: Gratuito

A asociación Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal, en colaboración con Saúde Mental FEAFES Galicia, organiza o venres 20 de setembro o X Campionato de Tenis de Mesa para persoas con problemas de saúde mental. Trátase dun encontro lúdico e deportivo no que participarán sete asociacións procedentes de toda a comunidade autónoma. 

O torneo terá lugar no Pavillón Campo da Serra (Santa Cecilia, Narón) dende as 09:30, hora á que comezarán a chegar os xogadores, ata as 14:00, hora prevista de remate. Durante este tempo, desenvolveranse unha serie de partidos individuais nos que se enfrontarán arredor de 55 participantes. Tras a celebración do campionato, terá lugar a entrega de premios e, posteriormente, os asistentes celebrarán un xantar de convivencia.

As persoas que participarán no torneo proveñen de distintos lugares da xeografía galega e pertencen a sete asociacións e delegacións de Saúde Mental FEAFES Galicia: Alba, Alume, Andaina, APEM,DOA Saúde Mental, Saúde Mental FEAFES Galicia e Saúde Mental Ferrol, Eume e Ortegal. 

O Campionato de Tenis de Mesa ten como obxectivo promover o deporte en igualdade, impulsar a actividade física entre as persoas con problemas de saúde mental e loitar contra o estigma social que sofre este colectivo, amosando á sociedade unha imaxe positiva e normalizada da saúde mental.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.