SENSIBILIZACIÓN

Xornada Xustiza Social e Emprego

DATA: 19 febreiro 2020

HORA: 18:30

LUGAR: Lugo

PREZO: Gratuíto

En novembro de 2007, a Asemblea Xeral das Nacións Unidas proclamou o 20 de febreiro como o Día Mundial da Xustiza Social. Esta conmemoración busca apoiar o labor da comunidade internacional encamiñada a erradicar a pobreza e promover o emprego pleno e o traballo decente, a igualdade de xénero e o acceso ao benestar social e á xustiza social para todas as persoas.

Dende a Rede TIL (Rede de Técnicas de Inserción Laboral de Lugo) enténdese que os axentes de emprego, as administracións e o conxunto da sociedade, debemos velar por garantir resultados equitativos para todos e todas a través do emprego, a protección social, o diálogo social e os principios e dereitos fundamentais no traballo. 

A Rede TIL conmemora o Día Mundial da Xustiza Social coa celebración do acto “Xustiza Social e Emprego”, que terá lugar o mércores 19 de febreiro ás 18:30 no Auditorio do Vello Cárcere de Lugo.

Este acto, de carácter gratuíto, está aberto a toda a sociedade lucense. 

Unha rede para a inserción laboral

A Rede TIL é un foro de encontro, discusión e traballo das entidades do terceiro sector (entre as que se atopa Saúde Mental FEAFES Galicia) e o Campus Universitario de Lugo (pertencente á Universidade de Santiago de Compostela).

A súa misión é afondar no coñecemento e intercambio de estratexias, modelos e boas prácticas no eido da orientación, o asesoramento e a intermediación laboral, co obxectivo de acadar maiores cotas de empregabilidade das persoas coas que traballan as entidades sociais.


Compartir contido

MÁIS INFORMACIÓN

900 102 661

Teléfono de atención ao usuario.
Podes chamar para recibir máis información ou para apuntarte.