Servizos para as familias e persoas achegadas

Ademáis dos servizos ofrecidos pola Federación, algunhas asociacións contan cunha carteira de servizos máis ampla. 

Se queres saber cal é a asociación máis próxima a ti, pica aquí
Atendemos todo tipo de consultas relacionadas coa saúde mental, ofrecendo unha atención personalizada e facilitando información e orientación axeitada a cada caso. Isto inclúe apoio psicolóxico ás familias e persoas achegadas, asesoramento xurídico, grupos de autoaxuda e actividades para o respiro familiar. Priorizamos a atención temperá como elemento fundamental para a prevención, realizando intervencións tanto individuais como grupais e ofrecendo información sobre recursos de utilidade para cada caso particular.

Servizo prestado por: federación + asociacións

Ofrecemos atención social a domicilio e apoio na comunidade para que as persoas usuarias poidan manterse no seu propio domicilio ou na contorna familiar, evitando situacións que poden derivar na marxinación. Ademais, con aquelas persoas que o precisen, realizamos acompañamento e apoio para mellorar a vinculación aos recursos sociosanitarios públicos da súa contorna, ofrecendo apoio ás familias para contribuír á mellora da súa situación e da súa calidade de vida.

Servizo prestado por: asociacións

Organizamos accións de capacitación, tanto individuais como grupais, para que as familias e persoas achegadas poidan comprender mellor os problemas de saúde mental e aprendan a abordar as dificultades da vida diaria que estes poidan ocasionar.

Servizo prestado por: asociacións