Somos axencia de colocación
Nº 1200000022
Nº 1200000022
En novembro do 2013, FEAFES Galicia recibiu do Servizo Público de Emprego a certificación oficial que acredita á entidade como Axencia de Colocación. Esta acreditación permite articular a iniciativa pública e privada para potenciar a inclusión laboral das persoas con discapacidade por enfermidade mental.
Trátase dun paso máis no camiño cara a consecución dunha inserción laboral cada vez maior e mellor deste colectivo, ademais de ser un recoñecemento á experiencia, calidade e transparencia da xestión de FEAFES Galicia en materia de inserción laboral.
O noso obxectivo principal é facilitar ao demandante de emprego, de acordo coas súas circunstancias profesionais e persoais, o acceso a actividades que melloren as súas posibilidades de inserción nun determinado mercado laboral. Para iso realizamos accións de orientación profesional para o emprego, articuladas en itinerarios personalizados de inserción e dirixidas a mellorar as posibilidades de acceso ao traballo dos demandantes de emprego.
As accións que realiza a nosa Axencia de Colocación en relación aos candidatos son as seguintes:
As accións que realiza a Axencia de Colocación de FEAFES Galicia en relación ás empresas son as seguintes: