Feafes Galicia. Quen somos?

A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia é unha entidade sen ánimo de lucro, creada en 1995, que agrupa actualmente a 12 asociacións repartidas por toda a xeografía galega.

A nosa misión

A misión de Saúde Mental FEAFES Galicia consiste en mellorar a calidade de vida das persoas con problemas de saúde mental, as súas familias e persoas achegadas, defender os dereitos do colectivo e representar ao movemento asociativo FEAFES no territorio galego, brindando apoio e coordinación ás asociacións que o integran.

A través das súas asociacións e delegacións, Saúde Mental FEAFES Galicia está presente activamente en preto de 30 localidades galegas e representa ás máis de 80.000 persoas que teñen un problema de saúde mental na nosa comunidade autónoma.

A quen nos diriximos?

  • Ás persoas con problemas de saúde mental, ás súas familias e persoas achegadas
  • Aos e ás profesionais da saúde mental
  • Á sociedade en xeral

Os nosos obxectivos

El trabajo que desarrolla Saúde Mental FEAFES Galicia busca mejorar la calidad de vida y el día a día de las personas con problemas de salud mental.

O traballo que desenvolve Saúde Merntal FEAFES Galicia busca mellorar a calidade de vida e o día a día das persoas con problemas de saúde mental.

  • Prestamos atención personalizada, asesoramiento e información
  • Damos apoio ás familias e persoas achegadas
  • Traballamos para defender os dereitos das persoas con problemas de saúde mental, ás súas familias e persoas achegadas
  • Realizamos labores de sensibilización, promovendo a saúde a mental e loitando contra o estigma que sofren as persoas con problemas de saúde mental
  • Traballamos para aumentar as posibilidades de inserción laboral do colectivo, ofrecendo orientación, formación e intermediación coas empresas
  • Programamos actividades de ocio, entre as que se inclúen excursións, viaxes e deportes
  • Ofrecemos asesoramento legal e poñemos a disposición das persoas usuarias pisos tutelados e vivendas
  • Traballamos pola participación e o empoderamento das persoas con problemas de saúde mental

Os nosos obxectivos