A Deputación de A Coruña colabora un ano máis co proxecto de inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental.
Unha das nosas principais misións é acompañar ás persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia no seu camiño á inserción laboral e o mantemento do posto de traballo.
A través da subvención correspondente ó Programa FOAXE-P para o mantemento dos programas e servicios sociais, a Deputación de A Coruña colabora con nós cun importe de 25.200€ que irán destinados á financiar o Proxecto de insercion laboral para persoas con diagnóstico en saúde mental durante o ano 2024.
da mesma forma forma, a través da subvención correspondente ó Programa FOIE para a inversión de servicios sociais do ano 2024, recibimos un importe de 8.546,20€ que será destinado ó acondicinamento dos dous novos locais de a Coruña e Santiago.
Acción para o fomento da inserción laboral
Ambas subvencións teñen como obxectivo mellorar as oportunidades de inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental inscritas no servicio de emprego de Saúde Mental fEAFES Galicia.
Para isto, o proxecto subvencionado comprende accións de información, asesoramento, atención e acompañamento a persoas con problemas de saúde mental na busca activa de emprego, tanto por conta allea como por conta propia. Realízanse itinerarios personalizados para a inserción baseados na análise das necesidades de cada persoa usuaria. Así ofreceráselles formacións e accións de capacitación laboral adaptadas as súas necesidades, ben a través de talleres propios ou en colaboración con outras entidades e organismos. Ademáis, o proxecto que contempla accións de emprego con apoio, para aquelas que o precisen.
Un espazo para la busca de emprego
Mantemos tamén durante este ano o punto TIC para a busca activa de emprego, onde as persoas usuarias poden acceder a equipos informáticos con conexión a internet, a teléfono e impresoras para poder xestionar a súa busca de emprego.
A finalidade é que, asesorados polo persoal técinco, dispoñan dun lugar desde onde poden elaborar e imprimir un CV, facer cartas de presentación, enviar as súas solicitudes de traballo por correo electrónico, inscribirse en portais de emprego, facer entrevistas on-line ou todas aquelas actividades vinculadas ó seu proceso de busca de empergo.
A maiores, contamos cunha pequena aula de informática para a realización da formación específica en competencias dixitais.
Co apoio destas subvencións, podemos seguir traballando pola inserción laboral das persoas con problemas de saúde mental. Para que poidan conseguir manter un emprego que lles permita sentirse máis integradas na sociedade e soster unha vida o máis autónoma posible.