Skip to main content

Saúde Mental FEAFES Galicia pon en marcha o programa Conectad@s co emprego coa finalidade de mellorar a empregabilidade de 10 persoas con problemas de saúde mental en Vigo.

Desde xaneiro de 2024, Saúde Mental FEAFES Galicia leva a cabo en Vigo o programa Conectad@s co emprego. Esta iniciativa, realizada co apoio da  Fundación ONCE e confinanciada pola Unión Europea FSE+ Programa FSE+ de Inclusión Social 2021/2027, fomenta a inclusión activa e busca promover a igualdade de oportunidades, a non discriminación e a participación activa das persoas en situación vulnerable.

Combinamos formación teórica e práctica

O noso programa traballa con 10 persoas, 6 mulleres e 4 homes, que se atopan en situación de desemprego e que teñen recoñecida unha discapacidade por motivo de saúde mental.

Ata setembro deste mesmo ano, as persoas participantes recibirán formación teórica e práctica para mellorar as súas opcións de emprego. A formación teórica está destinada a adquirir aptituds, habilidades e competencias necesarias para a inclusión social e laboral. Tamén se levan a cabo dous módulos de competencias transversais, igualdade de xénero no ámbito laboral e ferramentas para a busca activa de emprego. Tras isto, as persoas participantes recibirán unha formación específica que lles eprmita adquirir capacidade para o entorno laboral.

Unha vez rematada a parte teórica, recibirán foramción no posto de traballo. Estas prácticas laborais benefician tanto ás persoas usuarias do programa como as empresas. Por un lado, elimínanse e rómpense barreiras fronte ós prexuízos e, ademáis, créase un espazo seguro no que as persoas usuarias poidan adquirir os coñecementos específicos dese posto dentro do funcionamento normal da empresa.

Formación con atención integral

Conectad@s co emprego desenvólvese no marco dunha atención integral. Aténdese ás necesidades específicas das persoas participantes e a súa rede de apoio, o que repercute na súa calidade de vida e na inclusión sociolaboral.

Ademáis, traballa o apoio entre iguais, gracias ó cal se establecen parellas con habilidades, coñecementos, dificultades e capacidades complementarias co obxectivo de que se poidan apoiar mutuamente no alcance dos obxectivos.

Cabe destacar que esta formación combina a presencialidade e o traballo con apoio online a través dunha aula virtual. Contribuíndo así á mellora do uso das tecnoloxías e a conciliación.