Skip to main content

A Rede Galega contra a Pobreza e a exclusión social (EAPN-Galicia), integrada por 125 entidades galegas de acción social, entre as que se atopa FEAFES Galicia, celebrará a súa Asemblea Xeral o 6 de febreiro no Centro Social Afundación en Santiago de Compostela (Rúa Nova nº 33). 

Previamente, de 10:30 a 12:00 da mañá, terá lugar o Seminario “Coñecernos. Entendernos. Mellorar” que pretende presentar iniciativas innovadoras e recoñecidas para mellorar a capacidade de loita contra a pobreza e a exclusión social. Trátase de iniciativas destacables ben pola súa innovación, ben polo seu potencial para fomentar o traballo en rede e a colaboración entre entidades autonómicas e locais, ou ben que poidan servir de exemplo e mellora para outras organizacións.

Presentaranse seis iniciativas, entre as que se inclúen as tres galegas seleccionadas en toda España polo Programa de Cidadanía Activa financiado polo Mecanismo Financeiro do Espazo Económico Europeo (EEA Grants).

Barrios abertos (Asemblea de Cooperación pola Paz): Xuntos facemos barrio en San Lázaro e Fontiñas
Comprendo e decido (Autismo Galicia): Derribando barreiras de comunicación para un mundo ao alcance de todos
Boa Vida Trapera (Boa Vida): Inclusión Social Activa
AGRA CIVIS (Ecos do Sur): Tomando as rendas da nosa cidadanía
INclúe (Emaus Fundación Social): Innovación para a inclusión social
Medindo o impacto da intervención con mozos e mozas en risco (IGAXES3)

seminario eapn.jpg