Skip to main content

Do 17 ó 21 de novembro, un grupo de trece profesionais búlgaros pertencentes a entidades e organismos relacionados coa discapacidade e o emprego, visitarán diversos lugares de Galicia para coñecer o traballo que se realiza aquí nesta materia. Trátase dunha actividade que forma parte do proxecto “Emprego protexido: experiencia, innovacións e oportunidades” no que participan a Unión Europea, o Fondo Social Europeo e a Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

FEAFES Galicia e a asociación coruñesa APEM foron unhas das entidades visitadas por esta delegación búlgara, que mantiveron un encontro con representantes e profesionais das nosas entidades para coñecer o traballo que realiamos en materia de saúde mental. O encontro, que tivo lugar o mércores 19 de novembro ás 11:00, incluíu unha visita ó Centro de Rehabilitación Social de APEM na Coruña, ó seu Taller de Rehabilitación Laboral tamén na Coruña e ó Centro de Emprego Social en Arteixo.

Ó longo da súa estancia en Galicia, a delegación búlgara de expertos en emprego protexido visitará outros organismos pertencentes a distintos niveis e áreas relacionadas coa discapacidade. Estas visitas incluirán o achegamento a administracións, organizacións sen ánimo de lucro e iniciativas empresariais privadas, podendo coñecer tamén posibilidades de financiamento para estas entidades, exemplos de entidades que participan en proxectos europeos e mecanismos de avaliación e valoración sobre o traballo con persoas con discapacidade. 

O obxectivo desta visita é intercambiar experiencias relacionadas coa inserción laboral de persoas con discapacidade para que as dúas partes participantes poidan enriquecerse co coñecemento de prácticas que se realizan noutros países.

expertos bulgaros (2).JPG     expertos bulgaros (1).JPG