O concello de Cerceda cedeu un total de 14 entradas á asociación Afaes Portanova, integrante de Feafes Galicia, para asistir gratuitamente ao parque acuático Aquapark, situado na devandita localidade coruñesa.
Así pois, os usuarios puideron gozar ao longo dunha xornada, o 4 de setembro, das diferentes piscinas, tobogáns, tubos e jacuzzi das instalacións.
Esta actividade permite aos participantes romper coa rutina diaria e realizar actividade física dende unha perspectiva lúdica. Á súa vez, dá un respiro aos familiares na súa tarefa de coidadores.