Skip to main content
O 10 de outubro, a asociación Andaina celebra moito máis que o Día Mundial da Saúde Mental, posto que inaugura o Centro de Rehabilitación Psicosocial e Laboral de Ordes. Estas novas instalacións, situadas na Rúa Emilia Pardo Bazán, serán escenario dunha completa xornada na que haberá lugar para charlas, mostras artísticas e momentos de distensión.
Ás 09:30 abrirase o centro ao público e os visitantes poderán gozar dun pequeno almorzo. Ás 10:30 terá lugar a inauguración do CRPL da man do Dr. Ángel Carracedo, catedrático de Medicina Legal, investigador e experto internacional en xenética. Tras as súas palabras, intervirá Julio Rodríguez, científico da Fundación Galega de Medicina Xenómica. 
Ás 12:30, as conferencias darán paso á parte máis lúdica e artística da xornada, onde poderemos gozar dunha mostra de teatro por parte dos usuarios e usuarias de Andaina. Tras a representación, haberá aperitivos para todos os asistentes.
Para acudir a este acto é preciso confirmar previamente a asistencia no 981 076 435 ou en andainapsm@gmail.com.