Skip to main content

O mércores 5 de agosto, os nosos usuarios converteranse en excursionistas para visitar as localidades de Vilalba e Cariño. No primeiro dos destinos, o Club de Ocio de FEAFES Lugo disfrutará da capital da Terra Chá, encrucillada de camiños e vila célebre que conserva xacementos de culturas de diversas épocas. Ademais, Vilalba destaca polo seu carácter rural e polos ricos produtos da súa comarca. 

Pola súa banda, en Cariño os usuarios descubrirán a fermosura do patrimonio natural e cultural da zona, onde a arte, a arquitectura, a costa e as paisaxes son dignas de admirar. A saída desta excursión será ás 09.00 dende o Centro de Convivencia de Fingoi e o regreso será ás 20.30 ó mesmo punto de partida. 

Para completar a oferta de actividades do mes, o venres 21 de agosto aventurarémonos a surcar os mares nunha actividade de piragüismo. A quedada será ás 17.00 no Club de Piragüismo Os Robles, onde practicaremos este refrescante deporte.