Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Ocio en Vigo no mes de novembro

By 1 de Novembro de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

Xa ás portas dos primeiros encontros da Liga de Fútbol Sala de FEAFES Galicia, non queda outra que adestrar… por iso, o venres 7 de novembro ás 10:00 haberá un adestramento no Pavillón do Carme As Travesas para poñerse a ton. O primeiro partido da Liga Sur terá lugar o venres 21 no mesmo lugar, polo que o equipo de FEAFES Vigo quedará de novo ás 10:00 para facer outro adestramento previo ó encontro.

Pero non todo é fútbol neste Club de Ocio! O venres 7 de novembro, os seus membros realizarán un paseo por Samil e despois disfrutarán dunha partida de bolos na Boleira. A quedada será ás 17:00 diante do Disan Remo e o prezo da actividade será de aproximadamente 5€.

Para rematar o mes, o Club de Ocio de FEAFES Vigo acudirá á proxección do filme “El Rayo” no Auditorio do Concello, peza que foi nomeada mellor película no III Festival de Primavera do Cine de Vigo. A cita para esta sesión fílmica será o sábado 22 ás 20:30 no propio Concello.

ocio vigo novembro.jpg