Tras o peche a principios de ano do centro psiquiátrico de Toén, hoxe mesmo clausúrase o hospital de San Rafael, de Castro, en Lugo, co traslado dos pacientes ao hospital de Calde.
A Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes) quere mostrar a súa gran satisfacción por estes peches, dado que se trata dunha antiga demanda do colectivo para mellorar a calidade de vida dos pacientes destes centros.
Deste modo, as persoas con enfermidade mental pasan de vivir en edificios obsoletos, antigos e illados a habitar en instalacións novas e máis agradables. Ademais, conséguese evitar a estigmatización xa que os pacientes de saúde mental agoran están integrados na rede de asistencia sanitaria.
Con motivo destes peches, La Voz de Galicia publica hoxe unha ampla reportaxe que se pode consultar picando aquí.