Skip to main content
Novas

Preto de mil persoas arroupan o Compos no partido solidario

By 1 de Xaneiro de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

Partido-solidario-Compos_web.jpg

A tarde do 29 de decembro o Compos celebrou o seu grande acto dentro da programación festiva do seu 50º aniversario. Un combinado de xogadores galegos, pertencentes ás diferentes categorías do fútbol nacional galego, déronse cita en San Lázaro para enfrontarse á SD Compostela co obxecto de recadar fondos para sete asociacións benéficas da cidade santiaguesa: Feafes Galicia, Cogami, Down Compostela, Xuntos Podemos, Fundación Andrea, Fundación Sarela e Proxecto Home.

Preto de 1000 persoas uníronse á festa compostelanista mostrando o seu apoio ao equipo e a súa colaboración. Tras a interpretación do himno a cargo da Banda Municipal de Música de Santiago e o saque de honra realizada por Vero Burato, deu comezo o partido. O Compos mostrouse superior ao grupo mixto comandado por Fernando Vázquez e Dagoberto Moll no banco. Martín e Louro tiveron as ocasións máis claras durante a primeira parte que finalizou con empate a cero no marcador.

Xa no segundo tempo, un gol de Joselu (min. 65) desequilibrou o encontro. Pablo Rey (Rácing) puxo o 1 1 no 80. Así, o resultado final (1 a 1) tivo que desigualarse na quenda de penaltis, vencendo a SD.