Skip to main content
O programa operativo de emprego xuvenil, que conta co apoio financeiro da Unión Europea a través do Fondo Social Europeo, ten como obxectivo o fomento da contratación de persoas menores de 30 anos para favorecer a súa inserción no mercado laboral.
Para logralo, esta convocatoria de subvencións conta con tres programas, entre eles o programa de cooperación con entidades sen ánimo de lucro, dirixido a mellorar a empregabilidade e a inserción profesional das persoas mozas inscritas no sistema nacional de garantía xuvenil.
Neste senso, realizaranse contratacións de sete meses de duración co obxecto de proporcionarlles ás persoas mozas unha experiencia profesional que facilite a súa inserción laboral. Neste caso, as contratacións serán realizadas por entidades sen ánimo de lucro que dispoñan de capacidade técnica e de xestión suficientes para a execución dos correspondentes proxectos.
Grazas a este proxecto, en FEAFES Galicia incorporaranse dous administrativos que realizarán funcións de xestión no servizo de atención integral a persoas con enfermidade mental e as súas familias. Os novos administrativos estarán dende decembro do 2017 ata xullo do 2018 nas oficinas de A Coruña e de Santiago.