Este ano, Saúde Mental FEAFES Galicia recibirá apoio económico para diferentes programas que foron presentados á convocatoria do IRPF do ano 2018.
En total, á entidade foille concedida un financiamento de máis de 500.000 € para todos os programas, a cal permitirá seguir atendendo ás persoas con problemas de saúde mental nas localidades onde traballan as asociacións federadas, así como ás persoas con problemas de saúde mental que teñen ou están nunha situación de maior vulnerabilidade e risco de exclusión social.
Igualmente, cunha perspectiva a medio prazo, este financiamento axudará a dispoñer dunha nova unidade residencial que permita seguir avanzando na cobertura desta necesidade tan perentoria para as persoas con problemas de saúde mental e os seus familiares.
Os programas financiados con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF son:
Actuacións de inclusión social:
Incorpora Social Saúde Mental
Inclúe Emprego Saúde Mental
PSH Inclusión Saúde Mental
Achega Saúde Mental
Actuacións de promoción da autonomía persoal e apoio de persoas maiores ou con discapacidade:
Acompaña Saúde Mental
Atendo Saúde Mental
Capacita Saúde Mental
Respira Saúde Mental
Volunta Saúde Mental
Previr Saúde Mental
Proxectos de investimento e adecuación de centros e unidades de atención destinados a persoas maiores ou con discapacidade:
Unidade Residencial de As Pontes
