Skip to main content
ActividadesOcio e deportes

Ocio en Coruña no mes de novembro

By 1 de Novembro de 2014Novembro 13th, 2022No Comments

O domingo 23 de novembro, os usuarios da Coruña acudirán ó Museo da Domus situado na Rúa Ángel Rebollo nº 91. Neste museo interactivo, os visitantes poderán aprender curiosidades sobre a ciencia e o corpo humano dun xeito divertido e participativo, ademais de acudir a unha sesión de cine en 3D. A visita comezará ás 11:00 e posteriormente os participantes disfrutarán dun picnic polo entorno.

Por outra banda, o domingo 30 de novembro, o Club de Ocio de FEAFES Coruña participará na “Carreira pola integración” do Proxecto Enki. Organizada pola Fundación Abrente, a Fundación Mª José Jove e o Concello da Coruña, trátase dunha carreira de obstáculos non competitiva na que poderán participar todos los públicos, con ou sen discapacidade, e que recompensará a participación, a diversión e o traballo en equipo. 

O 100% dos fondos recadados a través da inscrición serán destinados ós colectivos que loitan por e para a defensa das persoas con diversidade funcional e a súa integración a través da práctica de actividades deportivas. Este evento, no que tamén haberá un photocall, actividades de zumba, una chocolatada e una exhibición de bombeiros,  terá lugar ás 11:00 na Cidade Deportiva e no Paseo Marítimo de Riazor.

enki.jpg