Todos os martes de maio, de 18h a 20h, os usuarios do Club de Ocio de FEAFES Ourense reuniranse para poñer en práctica as súas dotes interpretativas a través duns obradoiros de teatro. Trátase dunha actividade útil tanto individual como socialmente que permite fomentar as capacidades creativas de quen a practica, así que de seguro que os nosos usuarios saberán sacarlle bo partido.
Ademais destes obradoiros, o sábado 24 de maio o Club de Ocio de FEAFES Ourense fará unha churrascada na área recreativa de A Pontenova, que irá acompañada dunha pequena actividade de sendeirismo e dunhas clases de pesca con caña. A actividade comezará sobre as 12h e rematará ás 20h, imposible quedarse na casa!