Skip to main content
En Ruta coa Depo 2018 é un programa dirixido ás entidades sociais da provincia de Pontevedra. Ten como finalidade mellorar a participación, a convivencia e a cohesión social dos distintos colectivos sociais da provincia, impulsando a igualdade de oportunidades para as persoas con diversidade funcional. 
Para iso, a Deputación de Pontevedra ofrece alternativas de lecer e tempo libre á mocidade da provincia e promove rutas destinadas ás entidades que fomenten a convivencia e o intercambio de experiencias mediante unha participación activa.
Este programa permite pasar un día coñecendo unha serie de lugares sinalados do entorno pontevedrés en compañía dun guía. No caso de Saúde Mental FEAFES Galicia, realizarase a ruta “A Illa de Ons e a localidade mariñeira de Portonovo”, que terá lugar o 11 de agosto de 08:45 a 20:30. 
O custo da actividade é de 12 € por participante, do cal Saúde Mental FEAFES Galicia subvenciona a metade. Deste xeito, cada persoa tan só terá que aportar 6€. Este prezo inclúe o xantar, o desprazamento de ida e volta en autobús desde a Praza de España e a visita guiada por unha persoa habilitada como guía de turismo especializado de Galicia. 
Para inscribirse a esta actividade, é preciso contactar coa delegación de Saúde Mental FEAFES Galicia en Vigo a través do email feafesvigo@feafesgalicia.org ou o teléfono 699 837 220. O prazo de inscrición remata o 30 de xullo.