No marco do
Programa Integrado de Emprego de FEAFES 2021/22, un grupo de 10 persoas usuarias
participaron o pasado 13 de abril nunha visita ao viveiro de empresas da
Confederación de Empresarios de Lugo (Fundación CEL).
Durante a visita,
que tivo unha duración de 3 horas, as persoas participantes tiveron a ocasión
de conversar con Marian Tallón e Yeray Fraga sobre que é e como funciona a Fundación
CEL, ademais de disfrutar dun percorrido polas instalacións e coñecer as experiencias
persoais dalgunha das persoas emprendedoras que teñen alí a súa empresa.
Tras o percorrido
polas instalacións, houbo tempo para unha pequena reunión de grupo na que se
abordaron distintas cuestións relacionadas co emprendemento e a mobilidade laboral.
Todas as persoas participantes puideron compartir as súas experiencias, dúbidas
e ideas, amosando un gran interese pola temática e polo contido da visita.
O Programa
Integrado de Emprego de FEAFES 2021/22, financiado pola Consellería de Emprego
e Igualdade a través de fondos finalistas transferidos polo Servizo Público de
Emprego Estatal, ten como obxectivo a mellora das posibilidades de inserción
laboral das persoas con problemas de saúde mental. Para iso, Saúde Mental
FEAFES Galicia traballa anualmente cun total de 100 persoas desempregadas de A
Coruña, Santiago, Ourense, Lugo, Vigo e as súas contornas.