Skip to main content

Onte celebrouse o acto de clausura do Proxecto Practicum do 2022. Este proxecto, cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, fomenta a realización de prácticas non laborais en empresas por parte de persoas con problemas de saúde mental. Grazas a él, este colectivo pode mellorar as súas competencias laborais, acostumarse a un entorno de traballo e coñecer de primeira man un posto concreto.

Ó acto, celebrado na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, acudiron Don Santos Héctor, Deputado de Cooperación da Deputación de Pontevedra; Leopoldo Robla, membro da Xunta Directiva e representante de Saúde Mental FEAFES Galicia; Carina Fernández, coordinadora de Servizos e Programas de Saúde Mental FEAFES Galicia; Manuel Juncal, referente da delegación de Vigo de Saúde Mental FEAFES Galicia; e Isabel Seguín, Técnica de Prospección e Intermediación Laboral. Estiveron acompañados por representantes das empresas que colaboraron no programa, así como das persoas que se beneficiaron do mesmo.

Durante o acto, tivo lugar unha mesa redonda na que intervíu a Técnica da Fundación Nortempo, Irene Lumbrearas, que explicou cómo se desenvolveu o proceso de acollida e de formación das persoas que realizaron prácticas nas súas empresas. Participaron tamén as técnicas de referencia das persoas participantes; Eva, Prospectora-Preparadorda Labora; e Tania e Patricia, orientadoras de dúas das beneficiarias do proxecto. Contaron como se levaron a cabo as accións de seguemento tanto nas persoas participantes como ás que tutorizaron nas empresas. E interviñeron tamén na mesa redonda, dúas participantes do proxecto, Margarita e Marián, que contaron a súa experiencia como beneficiarias das prácticas non laborais e como se desenvolveu a súa estancia en ORBE e CLECE Vitan respectivamente.

Este ano, un total de 13 persoas usuarias realizaron prácticas ao amapro do Proxecto Practicum, logrando unha inserción laboral posterior do 33% das persoas participantes.

Proxecto Practicum é unha vía de contacto e sensibilización para o sector empresarial, que contribúe a eliminar o descoñecemento e os prexuízos na sociedade sobre as capacidades laborais e produtivas das persoas con problemas de saúde mental