O 12 de novembro renovouse a sinatura do convenio de colaboración de FEAFES Galicia e a Fundación Nortempo. Trátase dun convenio de periodicidade bianual no cal as dúas entidades combinan recursos, coñecementos e experiencias coa fin de impulsar proxectos que busquen a integración sociolaboral das persoas con enfermidade mental.
O presidente de FEAFES Galicia explicou que a Federación, composta por 14 asociacións e que representa a máis de 41.000 persoas, conta cun servizo de inserción laboral dende o ano 2000 e cun Observatorio de Emprego para Persoas con Enfermidade Mental dende o 2002, a través dos cales recibiron orientación laboral un total de 2.040 persoas. Tamén sinalou que para estes colectivos é máis complicado atopar emprego, aínda que cando se fai un bo traballo de mediación e asesoramiento responden como cualquera outro traballador.
Coa anterior sinatura do convenio, a colaboración materializouse na cesión de aulas por parte da Fundación Nortempo e na contratación de seis persoas con enfermidade mental por parte do CEE Norintegra. Durante o acto, a Fundación Nortempo formalizou tamén un convenio de colaboración coa Fundación Secretariado Gitano.
Este documento foi asinado polo Presidente da Fundación Nortempo, Bartolomé Pidal, o Presidente de Feafes Galicia, Antonio Hernández e a Directora Territorial de Secretariado Gitano, Eva Vera.