Skip to main content
Novas

Feafes Galicia imparte un curso de valoración da dependencia de persoas con enfermidade mental

By 17 de Xuño de 2013Novembro 13th, 2022No Comments

Feafes Galicia vai impartir un curso de valoración da dependencia de persoas con enfermidade mental dirixido a profesionais dos equipos de valoración da dependencia de Galicia e traballadores sociais comunitarios. A formación, que terá lugar na sede da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en Santiago, será os días 26 e 27 de Xuño de 2013.

A finalidade desta formación, impartida en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Social, consiste en dotar aos profesionais que traballan na valoración da dependencia e nos servizos sociais comunitarios, de coñecementos que lles permitan obxectivar, de manera precisa, as diversas limitacións que un doente con un trastorno mental grave pode ter para un funcionamiento autónomo. Neste senso, é preciso que os profesionais coñezan as áreas de funcionamiento afectadas no paciente a evaluar, así como coñecer técnicas específicas para levar a cabo o proceso de valoración.

Ademais, o obxectivo do obradoiro é o de dotar os profesionais dos coñecemento necesarios para que poidan facer unha valoración da dependencia adaptada as características específicas dos problemas de saude mental do solicitante, así como facilitar a aplicación do baremo de valoración da dependencia de forma homoxénea e eficiente en todas as unidades de valoración de Galicia. A formación, de 9 horas de duración,  impartirase nos días 26 e 27 e xuño en horario de mañá, nun taller cun número máximo de 20 alumnos.

AS PRAZAS PARA ESTE CURSO DE FORMACIÓN XA ESTÁN COMPLETAS. Ante a alta demanda, esperamos poder realizar unha nova edición nos próximos meses. Manterémolos informados a través desta páxina web.