Skip to main content
Novas

Homenaxe a José Luis Muruzábal, presidente de Apem

By 7 de Setembro de 2012Novembro 13th, 2022No Comments

O presidente da Asociación pro enfermos mentais (Apem) da Coruña recibe unha homenaxe a noite do 7 de setembro, cunha multitudinaria cea no restaurante do Monte de San Pedro da cidade herculina, á que acudirán ao redor de 300 persoas.

O histórico sindicalista recibe este tributo, aos seus 64 anos, pola súa achega ao movemento obreiro así como polo seu labor no asociacionismo a favor das persoas con enfermidade mental.

A homenaxe foi organizada por un grupo de amigos, compañeiros e achegados e que queren recordar o seu papel no mundo do sindicalismo da Coruña e de Galicia, xa que foi un destacado líder que durante anos loito polos avances sociais dos traballadores e polos dereitos das persoas con enfermidade mental.