Skip to main content

O sábado 4 de outubro, o salón de actos da asociación APEM (Praza dos Chopos, Bloque 22 nº 1, A Coruña) acollerá as I Xornadas de Clínica Psiquiátrica “Atención ao doente con trastorno mental grave”. Este encontro está organizado pola citada asociación de saúde mental, pertencente a FEAFES Galicia, e polo Servizo de Psiquiatría do SERGAS na Coruña.

As xornadas están dirixidas a profesionais da saúde mental, ben pertencentes ó Servizo de Psiquiatría do SERGAS, á asociación APEM ou a outras asociacións integradas funcionalmente na rede sanitaria do SERGAS ou de FEAFES Galicia.

Entre os seus obxectivos, este encontro pretende expor os programas asistenciais para persoas con trastorno mental grave que existen na Área Sanitaria de A Coruña, así como dar visibilidade ó traballo realizado en APEM e reforzar a coordinación funcional desta asociación e do Servizo Galego de Psiquiatría.

As xornadas terán lugar de 09:30 a 14:00 pola mañá e de 14:00 a 18:00 pola tarde. Tras a inauguración a primeira hora da mañá, haberá dúas mesas de debate sobre a atención ó doente con trastorno mental grave, unha delas a cargo do SERGAS (de 10:30 a 12:00) e outra a cargo de APEM (de 12:30 a 13:45). Na segunda, falarase da rehabilitación integral que realiza APEM a través dos servizos orientados á recuperación, así como da atención integral a persoas con enfermidade mental en réxime penitenciario. 

Pola tarde, de 16:00 a 18:00, haberá unha visita guiada ás instalacións do CRPIL dos Chopos, o Centro de Día e o Taller de Cerámica da asociación APEM, tras a cal o encontro darase por concluído. Se queres consultar o programa completo destas Xornadas, podes atopalo no seguinte enlace.

i xornadas apem.jpg