Skip to main content

O mércores 29 de xullo, o Concello de Baiona organiza o concerto “Suite Orquestral Galicia” dirixido por Antonio Seijo e que estará dedicado á asociación Avelaíña de apoio ás persoas con enfermidade mental.

Esta actuación enmárcase dentro da programación coa que conta o concello para os meses de verán, e dende a Concellaría de Cultura se quixo dedicar a Avelaíña. Esta Asociación traballa no Val Miñor e atende na actualidade a 34 persoas con enfermidade mental que acoden a diario ao seu Centro de Rehabilitación Psicosocial.

A propósito deste concerto, Avelaíña realizará unha campaña informativa co obxectivo de concienciar á poboación sobre a realidade das persoas con enfermidade mental e dar a coñecer a súa nova localización no Concello de Baiona.

Ao longo de todo o día instalarase unha mesa informativa na Rúa Carabela la Pinta e ás 23:00 comezará a actuación musical na Praza do Concello, cuxa entrada é gratuíta e está aberta a todo o público.