Skip to main content

Persoas usuarias de Saúde Mental FEAFES Galicia adican parte do seu tempo de ocio a limpar zonas dos parques de Santiago de Compostela da basuraleza que  os contaminan 

Bolsas de la recogida de basuraleza en Santiago

Onte pola tarde, un grupo de usuarios e usuarias do club de ocio de Saúde Mental FEAFES Galicia, adicaron dúas horas a aprender sobre contaminación, reciclaxe e coidado do medio ambiente; tamén aportaron o seu grao de area na limpeza do parque e hortas de Santa Marta.

Todos os residuos que xeramos no noso día a día rematan en montes, campos, río e mares creando o que chamamos “basuraleza”. Ademáis de ensuciar a imaxe do nos entorno, estos desperdicios contaminan o ecosistema, ameazando a vida de animais e prantas.

Por iso, onte tivemos a primeira de varias sesións re recollida de residuos e concienciación sobre o coidado do noso entorno. Ao longo destes meses de bo tempo, seguiremos recollendo zonas específicamente afectadas pola basuraleza. E seguiremos tamén formándonos e aprendendo como conservar e coidar a nosa contorna desde pequenas accións do día a día

Lecer inclusivo e saludable

Esta iniciativa de recollida de basuraleza é unha das moitas actividades que desenvolvemos dentro do noso programa de Lecer e Deportes. Desde Saúde Mental FEAFES Galicia somos consicentes de que as actividades de tempo libre permiten mellorar a calidade de vida das persoas. Tamén daquelas que teñen algún problema de saúde mental.

O obxectivo deste programa é mellorar o benestar destas persoas, as súas familias e persoas achegadas. Buscamos que rompan coa rutina diaria participando en diferentes actividades socioculturais, deportivas e recreativas e que melloren a súa inclusión na sociedade e a súa autonomía a través de propuestas llevadas a cabo dentro de su propia ciudad y entorno.

 

Coa colaboración de: