Skip to main content

A Feira Multisectorial Expoordes 2014 está a piques de comezar, pois será esta noite ás 21h cando se abran as portas do recinto feiral que se instalará no corazón da vila ordense, no Campo da Feira. Nesta feira multisectorial haberá arredor de 120 postos que amosarán as últimas novidades de sectores tan variados como o da construción, ocio e tempo libre, agricultura, electrodomésticos, automoción, maquinaria agrícola, alimentación, cosmética, seguros, carpintería, asociacións e organizacións sociais, etc.

A asociación Andaina, federada en FEAFES Galicia, será unha das entidades que participará neste gran encontro. Para iso contará cun stand no que porá á venda unha gran variedade de produtos artesanais realizados polos seus usuarios, entre os que haberá cadros, láminas, libretas, broches, pulseiras, cestas, etc. Ademais, Andaina contará tamén con produtos de alimentación como sidra, vinagre e compota de Mundo Masae.

O stan estará atendido por usuarios, voluntarios e monitoras da asociación que demostrarán, ó longo de toda a fin de semana, que as persoas con enfermidade mental son capaces de realizar pezas de artesanía realmente fermosas. Cabe destacar tamén que o sábado, Radio Ordes entrevistará en directo ós participantes de Andaina na Feira Expoordes, que falarán de saúde mental e da inserción sociolaboral deste colectivo.

A Feira Multisectorial Expoordes estará amenizada por distintas charangas e grupos de gaitas, e contará tamén coa XXV Degustación do Champiñón que terá lugar o domingo.  Trátase dunha das feiras multisectoriais máis importantes da comunidade galega que acadou, o ano pasado, unha cifra total de visitantes superior ás 36.000 persoas.

expoordes.jpg